Unha nena entoa unha canción de esperanza, solidariedade e coraxe e o ritmo arrastra a súa veciñanza polas estradas da cidade nunha marea musical que roxe, medra e escorrenta os medos. No camiño as persoas aprenden que teñen o poder de transformar a propia contorna e que o cambio comeza por cada quen. Un poderoso himno ilustrado que a poeta e activista Amanda Gorman dedica ás nenas e nenos que desexan erguer a súa voz para conseguir un mundo mellor. A tradución é de Fe González Fernández e Ivonete Da Silva Isidoro. Con ilustracións de Loren Long.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.