Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón, aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa mai, que nunca pode xogar con ela. Un día ao volver da escola da súa mochila emerxe Nin, un trasno ou trasna, segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apréndelle á nena outro xeito de enfrontarse aos problemas. Ilustrado por Noemí López.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.