Eichmann en Xerusalén

Eichmann en Xerusalén

Editorial: Universidad de Santiago de Compostela
Autor: Hannah Arendt
ISBN: 9788418445446
Páginas: 436

15,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Entre abril e decembro de 1961 celebrouse en Xerusalén o xuízo contra Adolf Eichmann, tenente coronel da SS, encargado da expulsión xudía entre 1938 e 1941, e logo responsable do transporte de xudeus cando se aplicou a Solución Final no 1942 baixo as ordes de Reinhard Heydrich. Hannah Arendt, que chegou aos Estados Unidos como refuxiada xudeoalemá, asistiu ao xuízo como correspondente do periódico The New Yorker por petición propia. Tamén influíu nesta petición o seu interese na formación e creación dos réximes totalitarios, interese que xa se albiscaba no ano 1951 coa publicación de As orixes do totalitarismo. No seu relatorio, Arendt recolle a biografía e traxectoria profesional de Eichmann e o papel que xogou no Reich, a súa detención en Arxentina en 1960 e as súas declaracións durante o xuízo, tras o cal foi sentenciado a morte e aforcado o 31 de maio de 1962. A escritora descubriu un axente do mal, autor de actos obxectivamente monstruosos sen motivacións malignas específicas para alén da súa condición de mero elo dentro da cadea xenocida do réxime nazi, o que conduce a Arendt a un relatorio sobre a banalidade do mal, pristinamente personificada na figura de Adolf Eichmann.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Eichmann en Xerusalén”