Libro que pon en común algo que non é novo, pero do que se escribiu pouco.” Aquí encontrarás -di a editora- paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e amigues; metaamores que rexeitan o termo para reivindicar o seu propio lugar; apostas políticas nas convivencias interxeracionais; cuestionamentos dos privilexios e do desexo entendido como un construto social; análises da relación entre monogamias e capitalismo ou exposicións dos conflitos e dificultades diarias a que se enfrontan as persoas que apostan por unha vida poliamorosa transfeminista”.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.