Nova alfaia do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego que parte da idea de que “xogar é unha forma de estar no mundo” e de non limitar o xogo a idades determinadas. “Se se perden os xogos -dise no prólogo-, principalmente os xogos tradicionais que son exclusivos e pertencen a cada un dos pobos, esa sociedade perderá tamén un pouco da súa identidade”. A publicación xestouse nos días de confinamento da pandemia, de aí que o seu antetítulo fale da casa e de espazos reducidos, e abarca máis de sesenta xogos adaptados a espazos principalmente de interior e á concorrencia de poucas persoas interactuando a un tempo. Tamén corenta propostas de papiroflexia. As ilustracións son de Iván Mouronte.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.