Ampla selección da obra poética de Luis Suñén. Edición bilingüe castelán-galego, a cargo do tamén poeta Xosé María Álvarez Cáccamo quen no prólogo adianta que estamos ante un “poeta de acento singular, austero en formulación verbal, denso en propostas reflexivas, intenso e grave, ás veces, na revelación de claves emocionais, distendido e mesmo algareiro nas ocasións en que tece escenas de vida cotiá con fíos de delicada feitura narrativa.”
Reseñas
Aínda non hai valoracións.