Publicada en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana. Limítrofe coa crónica autobiográfica, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante. Se ben hoxe, grazas aos múltiples estudos, revisións e reedicións do texto, é posible cualificalo de referencial, no momento da súa aparición non tivo unha boa acollida, en parte por pensarse que a obra ía destinada en exclusiva ao lectorado negro, e en parte por focalizar a denuncia non tanto no escravismo dos estados suristas coma no uso da indentured servitude (servidume non asalariada de corte colonial) como sustento económico do norte; isto é, o maltrato e abuso da poboación negra por parte da sociedade branca. Esta crítica explícita ao funcionamento económico do norte limitou, no mellor dos casos, a promoción da obra. Tradución de María Reimóndez.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.