As adiviñas anglosaxonas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso que se describe dun modo misterioso, enigmático e xeralmente lúdico. Os enigmas anglosaxóns insírense sen ningunha dúbida na gran tradición da adiviña presente na práctica totalidade das culturas do planeta. Na literatura anglosaxona os enigmas son parte indispensable dos recursos estilísticos da poesía do inglés antigo, pois unha das súas figuras retóricas máis utilizadas -os “kenningar”- non eran senón metáforas a modo de adiviñas en miniatura. A pesar de estar contidas nun códice que data do século X é moi evidente que a composición das adiviñas tivo lugar moito antes, quizais desde o século VIII, como algúns críticos sinalan. A súa condición de poemas breves de carácter lúdico e o gozar de certa popularidade puideron ser motivos de que se engadisen a unha miscelánea moi conectada coa cultura monacal.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.