A diferenza como elemento enriquecedor, divertido e dinamizador. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta… cantas cousas diferentes poden facer!
Un libro para prelectores e primeiros lectores, en letra maiúscula, que é un canto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o que nos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosa relación cos demais.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.