O terceiro fillo do señor e da señora Brocket naceu desafiando a lei da gravidade. Os seus pais son fanáticos da “normalidade” e non aturan que o neno teña a rara habilidade de flotar. Tras botalo da casa, Barnaby coñece mundo e fai amigos que, coma el, representan a diferenza e a diversidade nun mundo pouco tolerante.
John Boyne propón unha lectura reflexiva sobre a diversidade, a aceptación da diferenza e a autoestima. Canda o protagonista desta tenra historia, repleta de referencias aos grandes clásicos da literatura universal, atópase unha galería de atípicos personaxes, con cadansúa lección de vida.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión

Reseñas
Aínda non hai valoracións.