A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá todo o campo investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Este clásico contemporáneo que leva máis de 30 anos acompañando as nenas e os nenos, ten recibido recoñecementos tan importantes como o Premio Alemán de Literatura Infantil, traduciuse a máis dunha vintena de linguas e publicouse en numerosos países.
Un conto simpático e escatolóxico que provoca gargalladas e fai que os lectores empaticen coa toupiña, ferida no seu orgullo.
Nenos e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece nos libros.
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
Sé o primero en valorar “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.