Trinta autoras e autores galegos reflexionan dende a escrita e as artes plásticas sobre a eliminación da violencia machista. Este Manifesto 25N xurdiu a partir dunha iniciativa, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba (Cospeito, Lugo) e reúne algunhas das voces máis comprometidas da literatura e arte actuais. Na nota editorial explícase: “Trátase de avivar as conciencias, desde diferentes ópticas expresivas, nunha repulsa colectiva contra un mal da nosa sociedade que parece non ter fin.”. As achegas son variadas , tanto no seu formato -poemas, narracións, colaxes, ilustracións, pinturas, caligramas, debuxos- como diverso é tamén no seu enfoque temático. A ilustración da capa corre a cargo da artista Xulia Nieto Pereira.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.