Lara e Sabela

Lara e Sabela

Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas actividades sedutoras. Sabela traballa atendendo os artistas da súa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio. Xuntas lerán a inquietante misiva póstuma de Valentín, o home de Lara, e recibirán, copadas, o encargo de acoller a Ariel. Aínda que Lara trata de adiar o momento de enfrontarse á existencia incómoda de Ariel, visitarán un avogado que lles facilitará o camiño para abordar o problema. Mentres tanto, consciente da falta de cartos, na cabeza da pintora vai tomando forma a idea de saír das dificultades económicas dun xeito creativo, ilegal e arriscado.Ignacio Vidal Portabales indaga nesta obra, gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey, na temática do amor feminino con humor, delicadeza e fortuna.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Ignacio Vidal Portabales
ISBN: 9788491217459
Edición: 1ª (setembro 2020)
Páginas: 176

19,50 

1 dispoñibles

Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas actividades sedutoras. Sabela traballa atendendo os artistas da súa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio. Xuntas lerán a inquietante misiva póstuma de Valentín, o home de Lara, e recibirán, copadas, o encargo de acoller a Ariel. Aínda que Lara trata de adiar o momento de enfrontarse á existencia incómoda de Ariel, visitarán un avogado que lles facilitará o camiño para abordar o problema. Mentres tanto, consciente da falta de cartos, na cabeza da pintora vai tomando forma a idea de saír das dificultades económicas dun xeito creativo, ilegal e arriscado.Ignacio Vidal Portabales indaga nesta obra, gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey, na temática do amor feminino con humor, delicadeza e fortuna.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lara e Sabela”