En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. As pandeireteiras, pola contra, tiñan que buscar a vida polos camiños. Con todo, nin moitas das mulleres se resignaban ao seu destino nin todas as princesas se conformaban con non poder ver o mundo cos seus propios ollos. Aínda que daquela había homes ruíns nas encrucilladas e nas tabernas, ou en pazos baixo da terra, tamén había mozas que loitaban para poderen ser elas en liberdade. Esta é unha historia que fala de princesas rebeldes e de músicas ventureiras para lembrar que non todos os contos son exactamente como nolos contaban. Con ilustracións de Dani Padrón.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.