Non ten documentos nin familia, por iso os gardas do campo de refuxiados chámanlle, simplemente, «A». O día que cumpre dez anos comeza a escribir un diario no que recolle a súa vida xunto a outros cinco nenos non acompañados: a busca de comida, os xogos, a amizade, o recordo dos seres queridos e dos lugares dos que proceden… A pesar da súa precaria situación, non deixan de manter vivo o desexo de pertenza, de ter algún sitio como fogar. Lonxe de sentimentalismos, Steve Tasane relata unha historia conmovedora marcada pola vitalidade dos protagonistas: son curiosos, enérxicos, apóianse uns nos outros e están decididos a buscar un futuro mellor. Aínda que non é un relato autobiográfico, Eu son A é o nexo entre a infancia rota do autor -fillo de inmigrantes estonianos no Reino Unido- e a dos pequenos refuxiados que tratan de sobrevivir nun mundo en continua crise. Unha novela para rapaces que os adultos tamén deberían ler. Traducida por Carlos Acevedo.
Eu son A

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Steve Tasane
ISBN: 9788416721573
Edición: 1ª Xaneiro 2021
Páginas: 120
13,00 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé o primero en valorar “Eu son A” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.