Casa de palla, casa de madeira, casa de pedra e ladrillo…
Diferentes materiais para tres porquiños ben distintos entre si -un moi preguiceiro, outro algo traballador e outro moi traballadorque teñen unha cousa en común: o medo ao lobo.
Un coñecido conto popular de estrutura repetitiva que invita a ler, contar, soprar e resoprar, como fixeron os protagonistas cando venceron a adversidade. Como todos os clásicos, destaca polo seu ritmo narrativo, propio da oralidade.
Esta adaptación sobresae tamén pola súa proposta plástica, de tonalidades cálidas e chea de detalles, tanto na arquitectura e na decoración dos espazos domésticos, como na expresividade
dos personaxes.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.