Logo de “Os ratos da casa” e “Ratos de viaxe”, as novas andanzas destes encantadores roedores transcorren na escola, onde se divirten, aprenden e fan algunhas falcatruadas. Dende o punto de vista literario, Ratos na escola mantén a estrutura dos títulos precedentes, con estrofas de catro versos, rima consoante e palabras encadeadas. A historia transcorre nun ambiente de xúbilo, humor e emoción polas experiencias tan diversas e enriquecedoras que van compartir. Ata que a xornada chega ao seu fin despois de visitar o ximnasio, a aula de música, a biblioteca e outras estancias do colexio. A proposta plástica de Natalia Colombo destaca polo seu luminoso colorido.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.