Unha cadela que acompaña a dous cazadores descobre no monte o cadáver dunha muller desaparecida. O feito obriga o singular inspector Paiana a centrarse no caso. Axiña aparecen algúns sospeitosos. Pero ao contrario do que acostuma a suceder neste tipo de relatos, nesta novela o asasinato non o invade todo, senón que queda inserido no traballo habitual e cotián dos funcionarios. Os policías continúan a falar das súas cousas, chancean mentres agardan a chegada da xuíza e o inspector da científica intercambia receitas de cociña coa forense ao tempo que examina o cadáver. Porque, como di un dos personaxes, o morto parou, mais a vida segue adiante. Soamente unha vez é unha orixinalísima novela policial de José Mondelo, diferente e trepidante, afastada dos tópicos novelescos do xénero onde abundan os policías corruptos, alcólicos e agresivos importados da literatura e do cinema americanos

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.