FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En Misión Rosalía os Formig4s son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro. As ilustracións son de Andrés Meixide.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.