A timidez das copas

A timidez das copas

A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide e que inspira este poemario. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese. A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza. A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Afastarse do estalido da realidade. Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo desde o sosego e o silencio.

Editorial: Editorial Laiovento
Colección: VentoAlto
Autor: Ruth Oliveira
ISBN: 9788484875512
Edición: Xaneiro 2022
Páginas: 52

10,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide e que inspira este poemario. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese. A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza. A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Afastarse do estalido da realidade. Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo desde o sosego e o silencio.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A timidez das copas”