Un libro de conversas coas mulleres que marcharon forzadas por unha crise, ou crises, que intenta romper coa idea patriarcal da emigración galega. Os testemuños abordan temas relacionados cos sentimentos de pertenza e de desarraigamento, a idea de fogar, o concepto de tránsito ou o do regreso imposible. Son historias dispares condicionadas por variadas causas; de superación e de frustración, en moitos casos, que quedarán como memoria oral dunha época. María Alonso Alonso, é licenciada en Filoloxía Inglesa e Hispánica, e doutora pola Universidade de Vigo. É autora de varios monográficos e artigos de investigación relacionados cos estudos da diáspora. Centra os seus intereses nas narrativas das novas diásporas xurdidas de zonas en conflito e de confort. Tamén é columnista na revista Tempos Novos e autora de ficción en lingua galega e inglesa.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.