Onde se sitúan as orixes dos galegos? É esta unha pregunta á que se lle deron respostas moi diferentes dende hai máis dun século e medio. Celtas, castrexos e romanos sintetiza os principais procesos históricos da Antigüidade galaica: a aparición dos castros e as súas transformacións, o papel da guerra na vida social e cultural das poboacións do noroeste peninsular ou as mudanzas que estas experimentaron tras a conquista romana. Todos estes procesos non poden entenderse sen o protagonismo dos distintos pobos que viviron nun espazo xeográfico que sobordaba o actual territorio de Galicia.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.