“A que altura está o ceo?” alcanza a súa terceira edición en galego –agora, ampliada e actualizada– ao tempo que aparece publicada tamén a primeira edición en castelán. Ambas chegan avaladas co recoñecemento do prestixioso Premio Ciencia en Acción que recibiu esta obra en 2017 na modalidade de Mellor Material Didáctico de Ciencia.
“A que altura está o ceo?” Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia. Este libro vainos dar a resposta a esta cuestión… e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o Universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia? Cal é a idade do Universo? E o seu tamaño? Que quere dicir que o Universo se expande? E a que velocidade o fai? É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?…
¿A que altura está o ceo? (3ª ed.)

Editorial: Alvarellos Editora
Autor: Dani Padrón (il.),Jorge Mira
ISBN: 9788416460779
Edición: 3ª (marzo 2020)
Páginas: 130
18,50 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé o primero en valorar “¿A que altura está o ceo? (3ª ed.)” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.