Durante a Idade Moderna, a escravitude era considerada unha institución tan brutal coma moralmente aceptable. A súa práctica sistemática constituíu un dos episodios máis funestos da historia da cultura occidental e, á súa vez, resultou fundamental para o éxito da Revolución Industrial e para o lucro das grandes potencias.
A pesar da súa brevidade, este ensaioi resulta unha lúcida introducción a esta cuestión. Unha tese concisa e brillante que parte da Antigüidade Clásica e chega ata os movementos abolicionistas que xurdiron no século XIX, e que pon especial atención no comercio atlántico de escravos.
Cun estilo áxil e implacable, James Walvin, un dos historiadores máis reputados internacionalmente no estudo da historia da escravitude, constrúe unha exposición en que fía citas de documentos históricos cunha narración rigorosa e incisiva.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.