A inesperada aparición da mestra Sinistra revoluciona os Minimortos. Quen será esa muller tan excéntrica? Camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar. Os Minimortos non queren saber nada da escola. O deles é xogar, divertirse, facer trasnadas, pasalo xenial… Por que esta estraña teima en que vaian ao colexio? Esta panda de ultratumba non parará ata descubrir cales son as súas verdadeiras intencións.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.