Un elefante na sala de estar

Un elefante na sala de estar

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2021.
A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era.O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social durante o proceso de loito, son os círculos arredor dos que xira unha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia.Cun estilo limpo e delicado, de lectura doada e emotiva, Un elefante na sala de estar pon sobre a mesa a problemática do suicidio, que é xa a primeira causa de morte non natural entre a poboación adulta e moza, para combater os mitos e o silenciamento. Para non calar máis.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de xogo
Autor: Berta Dávila
ISBN: 9788411100861
Edición: 1ª Marzo 2022
Páginas: 140

13,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2021.
A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era.O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social durante o proceso de loito, son os círculos arredor dos que xira unha novela que fala, por riba de todo, da supervivencia.Cun estilo limpo e delicado, de lectura doada e emotiva, Un elefante na sala de estar pon sobre a mesa a problemática do suicidio, que é xa a primeira causa de morte non natural entre a poboación adulta e moza, para combater os mitos e o silenciamento. Para non calar máis.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Un elefante na sala de estar”