Na primavera de 2020, os habitantes das vilas do mundo enteiro viron como, de súpeto, aparecían animais salvaxes baixo as súas fiestras. Raposos deambulando polos xardíns de Londres, xabarís nas rúas de Berlín, leopardos en Bombai, coiotes en Nova York, canguros en Camberra… Dende hai uns anos trátase dun fenómeno sorprendente e cada vez máis habitual. Os hábitats naturais destas criaturas degradáronse e resultan hostís para elas: contaminación, urbanización do terreno e extensión dos núcleos poboacionais, alteracións polo cambio climático… A filósofa social Joëlle Zask pregúntase se, no futuro, chegarán a formar parte da vida cotiá da sociedade. Investigación multidisciplinar sobre a natureza da cidade e mais a crise do salvaxe; invita a cuestionar as condicións de vida e a valorar a posibilidade dunha nova xeografía urbana que aspire a un ideal medioambiental, afastado da súa esencia antinatural. En tradución de Fernando Moreiras.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.