Camaleón tiña un problema: a diferenza dos outros animais, carecía dunha cor propia. Cambiaba onde queira que fose, volvíase vermello entre as follas no outono e negro nas longas noites de inverno. Pero na primavera, entre a herba verde, atopou unha marabillosa solución. Unha fábula contemporánea para primeiros lectores que invita ao autocoñecemento, a superar inseguridades, e que revela a importancia da amizade e da comunicación. As ilustracións sinxelas, con estampacións e manchas de cor, animan os pequenos e os maiores a crear. A tradución é de Xosé Manuel González.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.