María Casares fronte ao espello

María Casares fronte ao espello

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Sabela Hermida
ISBN: 9788411101448
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 184

20,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Galega. Actriz. Un mito do cine francés. Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares e fai unha retrospectiva da biografía, da evolución artística e da súa concepción da arte dramática, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa e pola experiencia do exilio. Nacida na Coruña en 1922 e falecida en Alloue, Francia, en 1996, María Casares atopou no teatro unha patria eterna e universal. A importancia do seu legado artístico e filosófico é sobresaliente para o teatro do século XX, especialmente para o teatro do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época e nunha auténtica icona para a intelectualidade republicana e galeguista exiliada en Latinoamérica.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “María Casares fronte ao espello”