Este é un libro cheo de cores e de aventuras. O neno cruza o mar, chega á illa, escala as montañas, nada no pantano, sube as escadas e chega a unha palmeira, todo para atopar o famoso tesouro de Pirata Frank. Pero cando chega leva unha enorme sorpresa, pois a Pirata Sally Frank
non ten gana ningunha de deixarlle poñer as mans no seu cofre! Así que toca desfacer o camiño a todo correr e baixar as escadas, nadar o pantano, volver escalar as montañas e saír escopeteado da illa do tesouro!
Neste conto acumulativo de ida e volta a rima e as accións mestúranse cun ritmo trepidante e divertido. É un conto para cantar, para gozar das rimas, para rir, para moverse, para correr e sobre todo para imaxinar como sería ese tesouro tan famoso da Pirata Sally Frank que non nolo
deixaron nin ver!
Na cuberta do barco, á noitiña, co canto das gaivotas no solpór, chega a hora de durmir e soñar con aquela illa tan misteriosa onde vive aquela pirata tan rabuda.
O tesouro de Pirata Frank
Sé o primero en valorar “O tesouro de Pirata Frank” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.