A figueira do tío Ramón de Reborneda dá os mellores figos da aldea; pero os merlos tamén o saben, e non deixan un para probar, así que o tío Ramón decide, cuns paus, roupa vella e un pouco de palla, facer un espantallo… moi especial. O protagonista deste libro ten un corazón de pexego, quentiño e bo, coma as cousas que el fai. Publicado na colección Lectura fácil, en adaptación de Silvia Bernárdez. Con ilustracións de Xaquín Marín.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.