Un home que xaceu aquí

Un home que xaceu aquí

Editorial: Editorial Galaxia
Autor: Aníbal C. Malvar
ISBN: 9788411761352
Edición: Agosto 2023
Páginas: 242

22,00 

3 disponibles

Trinta anos despois da súa publicación Galaxia reedita esta primeira novela coa que Aníbal C. Malvar principiou unha brillante carreira literaria. “Un home que xaceu aquí” pode ser unha satírica traxicomedia, unha intriga policial, un axuste de contas cun pasado falsificado, o diario atrapallado dun pretendido sedutor ou ningunha destas cousas. O seu incorrecto protagonista, X. M. Bernal, é un catedrático universitario que dispara as súas balas de ironía a torto e dereito nuns diálogos brillantes mentres fuma moito, bebe máis aínda e procura polo mecanoscrito roubado dunha famosa novela escrita polo que foi o seu sogro. Entre interesadas mentiras, réplicas afiadas, medias verdades e delatores silencios, o pasado remata por reconstruír e marcar de xeito indeleble un tempo desencantado onde a verdade semella un soño inalcanzable

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Un home que xaceu aquí”