«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca…» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Tampouco sabe que ela mesma se verá arrastrada pola irmandade dos ratos a desafiar o Papapalabras, o monstro que devora palabras, na procura da chave do gardaestrelas. Unha aventura no país de Milmontes que pon a proba a afouteza de Celia e a súa capacidade para termar das palabras fronte aos monstros, que queren facelas desaparecer. As ilustracións son de Enjamio.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.