«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca…» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Tampouco sabe que ela mesma se verá arrastrada pola irmandade dos ratos a desafiar o Papapalabras, o monstro que devora palabras, na procura da chave do gardaestrelas. Unha aventura no país de Milmontes que pon a proba a afouteza de Celia e a súa capacidade para termar das palabras fronte aos monstros, que queren facelas desaparecer. As ilustracións son de Enjamio.
Nogard
Nogard
| Autor | Marilar Aleixandre |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
| ISBN | 9788411101417 |
| Colección | Sopa de libros |
| Edición | 1ª xullo 2022 |
| Número de colección | 86 |
| Idioma orixinal | Gallego |
Sé o primero en valorar “Nogard” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.