Primeira obra literaria que publica esta autora pontesa con dezaseis relatos ao redor da emigración cun fin solidario en favor da asociación Arraianas. Todos os textos teñen como denominador común a emigración tanto de quen foron ás Américas como a Europa, pero tamén das persoas que viñeron e seguen vindo en busca dun futuro mellor, que é o que move o mundo desde que é mundo. Son historias de ficción, algunhas delas inspiradas en personaxes ou feitos reais, que contan ausencias, desarraigamentos, esgazaduras, perdas de identidade, fracasos e algún que outro éxito.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.