“De rosa antiga” pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022); unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).
Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeiros poemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesía mínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios.
De rosa antiga
Sé el primero en valorar “De rosa antiga” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.