“De rosa antiga” pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022); unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).
Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeiros poemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesía mínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios.
De rosa antiga
De rosa antiga
| Autor | Helena Villar Janeiro |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Galaxia |
| ISBN | 9788491519225 |
| Colección | Dombate |
| Edición | 1ª (2022) |
| Número de colección | 106 |
| Idioma orixinal | Gallego |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “De rosa antiga” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.