Xa temos “Animalia 3. Azul”

Adiviña cal pode ser un libro cheo de algunhas criaturas do mar tenras, outras feroces, moitas delas enxeñosas, outras varias divertidas e case todas ata un chisco humanas? Pois claro: “Animalia 3. Azul”! A tan agardada terceira entrega do universo animal en banda deseñada do ilustrador Xosé Tomás, que  vén de chegar nestes días á libraría Biblos de Betanzos. Ao igual que os anteriores volumes “Verde” (localizado na selva) e “Branco” (no espazo polor) este novo vainos permitir mergullarnos nun mundo onde todo é posible para gozar dunha lectura divertida que tamén dará que pensar.  Trátase de historias autoconclusivas de páxina completa que propoñen unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización a partir das posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade. Glub!

Compártelo en las redes

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on pinterest
Share on linkedin

Deixa un comentario