Numerosas persoas se achegaron ata a libraría Biblos de Betanzos para arroupar a Patricia Sánchez Abeal na presentación do seu poemario “Trazo dobre” (Galaxia). Un texto vivencial, como muller, como galega, e tamén como persoa aberta á universalidade.
A autora estivo acompañada pola alcaldesa de Betanzos, María Barral, e pola pola xornalista de El Ideal Gallego Lucía Tenreiro, quen indagou na vida da autora e tamén nas motivacións que a levaron a escribir este libro de poemas.
Este acto forma parte da xornada dedicada a celebrar o Día das Letras Galegas, que completamos co concerto das alumnas e alumnos da escola de Música Clave de Fa, que dirixe Fátima Carro.