La imagen con verialID c4465 ya existe en WPLa imagen con verialID c4465 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoUnha historia – BiblosClube

Unha historia

Unha historia

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Libros para soñar
Autor: Marianna Coppo
ISBN: 9788484643982
Páxinas: 48
Dimensións: 235 × 275 cm

15,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Cruzarse de brazos ou actuar, aburrirse ou procurar diversión: é cuestión de actitude. Entre os simpáticos personaxes de “Unha historia”, só un opta por aproveitar o tempo cando os demais agardan polo relato que han de protagonizar. Mentres divagan -como se dun trasunto de “Esperando a Godot” se tratara-, non se decatan de que o seu compañeiro está construíndo ao seu arredor todo un mundo de cor e aventuras coa única axuda duns lapis e da súa ilimitada imaxinación.
Rompendo a cuarta parede -esa fronteira invisible entre a obra creativa e o público- é posible ser partícipes da trastenda do libro; unha idea sinxela que Marianna Coppo desenvolve de maneira efectista e sorprendente para propoñer unha necesaria reflexión sobre o conformismo, a apatía, a inseguridade ou o temor ao descoñecido, fronte á iniciativa, á audacia e á vontade por mellorar o contorno para que redunde nun mesmo e nos demais.
E por fin, a historia chega aos seus impacientes destinatarios en forma de carta; a mesma carta urxente que a autora deposita nas mans das lectoras e lectores con este libro cuxa portada
e envés se presenta como un sobre postal. “Unha historia” destaca tamén polo seu sutil sentido do humor, a frescura dos telegráficos diálogos entre os protagonistas, o tratamento dos silencios e do espazo en branco, que aumenta ou diminúe de xeito inversamente proporcional á presenza da fantasía.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Unha historia”