c12281Terra e Auga – BiblosClube

Terra e Auga

“O que me moveu a escribir este libro non foi a nostalxia, senón o deixer constancia dun mundo rural que está a desaparecer e do que os últimos incendios aínda fixeron máis dano”. Así presenta Xosé Lois Ripalda (Erbedeiro, 1940) a súa última publicación, “Terra e Auga”.
Editado pola editorial viguesa Ir Indo, fai un compendio do saber popular, principalmente dos camiños, das pontes e das fontes e lavadoiros. “Non so falo dos eidos, tamén o fago das súas xentes”, puntualiza Ripalda para facer un repaso aos oficios tradicionais. O autor, mestre xubilado en Vigo e etnógrafo apaixoado, conxuga no mesmo libro a tradición herdada da súa terra, a Ribeira Sacra, e a da súa dona, a montaña de Monterroso.
“Toco aspectos das catro provincias”, sinala. Unha escolma do patrimonio material galego que completa con refráns, cantigas e contos, moitos froito de recollidas e outras de elaboración propia. Vigo está presente no ámbito da auga coas súas fontes históricas: a de Falperra, a da Ribeira, a dos Turnos, a do Anxelote e a da Porta do Sol (O Neptuno que se conserva en Castrelos). Aparecen fontes locais como a de Sárdoma e a de Balaídos sobre leito seco e mesmo lavadoiros, con especial importancia ao da Barroca.

Editorial: Ir Indo Edicions
Autor: Xosé Lois Ripalda
ISBN: 9788476807316
Páxinas: 208
Dimensións: 210 × 275 cm

19,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

“O que me moveu a escribir este libro non foi a nostalxia, senón o deixer constancia dun mundo rural que está a desaparecer e do que os últimos incendios aínda fixeron máis dano”. Así presenta Xosé Lois Ripalda (Erbedeiro, 1940) a súa última publicación, “Terra e Auga”.
Editado pola editorial viguesa Ir Indo, fai un compendio do saber popular, principalmente dos camiños, das pontes e das fontes e lavadoiros. “Non so falo dos eidos, tamén o fago das súas xentes”, puntualiza Ripalda para facer un repaso aos oficios tradicionais. O autor, mestre xubilado en Vigo e etnógrafo apaixoado, conxuga no mesmo libro a tradición herdada da súa terra, a Ribeira Sacra, e a da súa dona, a montaña de Monterroso.
“Toco aspectos das catro provincias”, sinala. Unha escolma do patrimonio material galego que completa con refráns, cantigas e contos, moitos froito de recollidas e outras de elaboración propia. Vigo está presente no ámbito da auga coas súas fontes históricas: a de Falperra, a da Ribeira, a dos Turnos, a do Anxelote e a da Porta do Sol (O Neptuno que se conserva en Castrelos). Aparecen fontes locais como a de Sárdoma e a de Balaídos sobre leito seco e mesmo lavadoiros, con especial importancia ao da Barroca.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Terra e Auga”