La imagen con verialID c10998 ya existe en WPLa imagen con verialID c10998 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoSorte. Abe Rábade Trío – BiblosClube

Sorte. Abe Rábade Trío

Sorte. Abe Rábade Trío

Novo traballo da formación liderada polo pianista e compositor Ave Rábade. Nacido en Compostela en 1977 conta con trece álbums de jazz e leva estreadas máis de 200 composicións de jazz, clásico e músicas de raíz. Impulsor incansable do diálogo entre xéneros musicais e disciplinas artísticas, ofreceu concertos en Europa, América, Asia e Á frica. É codirector artístico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e profesor da Escola Superior de Música e Artes do espectáculo de Porto e do Centro Superior de Música de Galicia, con sede en Valga. Temas deste CD: Sorte Mística (Orballo, Pálpito, Fluido); Sorte Épica (Ideas,Travesía,Victoria); Sorte Íntima (Desencanto, Desexo, Lúa); Sorte Lúdica (Amencida, Calma, Retorno). Todos os temas foron compostos por Abe Rábade. Canda Abe Rábade, ao piano, participan Pablo Martín Caminero, contrabaixo, e Bruno Pedroso, batería.

16,75 

1 dispoñibles

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Sorte. Abe Rábade Trío”