Editorial: Edicions do Cumio
Autor: Susana Peix,David Gómez
ISBN: 9788482895796
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 40

16,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Nestas páxinas atoparás unha fermosa historia sobre a importancia de sentirse a gusto cun mesmo. É o mesmo estar só que sentirse só? Unha pregunta que convida a unha profunda reflexión acerca dos estados de ánimo asociados á sensación de estar só, que non é o mesmo que sentirse só.
Ao pequeno ourizo, a súa mamá dixéralle que aos ourizos gustáballes estar sós. E para comprobar se iso era certo, o pequeno ourizo adentrouse no bosque. Estarei ben só?, preguntouse antes de comezar a súa viaxe. Na súa travesía, o protagonista desta historia cruzarase con outros animais do bosque que lle farán sentir estados de ánimo moi diferentes: curiosidade, medo, desconfianza, ou tranquilidade entre outros.
Levaría razón a súa nai ou a súa viaxe descubriralle novas emocións?

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Só”