Sherlock Holmes anotado. Volume II

Sherlock Holmes anotado. Volume II

Este volume inclúe: – O regreso de Sherlock Holmes – O can dos Baskerville – O val do terror – O último adeus – O arquivo de Sherlock Holmes.
A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en 1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson. Sherlock Holmes anotado recolle en dous volumes as catro novelas e os 56 contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle. A edición inclúe máis de 2.000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos. Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coas ilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste Sherlock Holmes anotado unha rica e gozosa experiencia.
Introdución e notas de Xesús Fraga.

Editorial: Edicións Morgante
Autor: Arthur Conan , Sir (1859-1930) Doyle,Xesús Antonio (1971- ) com. Fraga Sánchez (introdución e notas)
ISBN: 9788415166474
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páxinas: 708

50,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Este volume inclúe: – O regreso de Sherlock Holmes – O can dos Baskerville – O val do terror – O último adeus – O arquivo de Sherlock Holmes.
A mestría como investigador mais unha enigmática personalidade fixeron de Sherlock Holmes o detective máis famoso da literatura, que segue a engaiolar os lectores 150 anos despois da súa primeira aparición en 1887 co seu compañeiro e biógrafo, o doutor Watson. Sherlock Holmes anotado recolle en dous volumes as catro novelas e os 56 contos protagonizados polos inquilinos do 221B de Baker Street, escritos á súa medida por Arthur Conan Doyle. A edición inclúe máis de 2.000 notas con cumprida información sobre os personaxes e o fascinante Londres do período vitoriano, ademais de resumir as innumerables teorías e observacións que os devotos holmesianos foron deitando cos anos. Datos, curiosidades e anécdotas, que, xunto coas ilustracións orixinais da época, asinadas principalmente por Sidney Paget para a revista Strand, fan da lectura deste Sherlock Holmes anotado unha rica e gozosa experiencia.
Introdución e notas de Xesús Fraga.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Sherlock Holmes anotado. Volume II”