Sei cantar e sei bailar

Sei cantar e sei bailar

15,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, Sei cantar e sei bailar segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia e acompaña á musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte para recoller as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar. Vai ser posible tocar coa pandeireteiras de Mens, cantar con Adolfina e Rosa Casás e bailar con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a música, poesía e cultura ao longo dos séculos. O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Sei cantar e sei bailar”