La imagen con verialID c14127 ya existe en WPLa imagen con verialID c14127 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoSátiras – BiblosClube

Sátiras

Sátiras

Podemos defi nir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de infl uencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como fi nalidade a súa corrección. A tradución ofrécese en prosa, aínda que seguindo a secuenciación dos versos orixinais, e cada sátira vai precedida dun pequeno resumo elaborado pola propia tradutora. Quinto Horacio Flaco naceu o ano 65 a.n.e. en Venusia, hoxe Venosa, no sur de Italia. As expectativas profesionais de Horacio non eran excesivamente promisorias, xa que naceu no seo dunha familia campesiña de modesto pasar. Porén, o pai empeñouse en que o fi llo fose estudar á Urbe, decisión que determinou a folla de ruta existencial do rapaz. Imitando os mozos que en Roma adquirían unha educación sólida, ao facer os vinte anos Horacio viaxou a Grecia, onde se instalou coa intención de aprender a lingua, os costumes e as disciplinas académicas propias da nación que inspirou o desenvolvemento definitivo da cultura romana. Provisto dunha rica bagaxe intelectual, o mozo retornou a Roma. Os recursos económicos de que dispuña permitíronlle a dedicación exclusiva á súa gran paixón: a poesía. Nos seus textos revisten singular importancia as correntes fi losóficas estoicas e epicúreas dentro do pensamentohoraciano. Asemade, o vate inclúe dentro das súas creacións refl exións estritamente persoais, o cal supón unha innovación dende a perspectiva do contido.

Editorial: Rinoceronte Editora
Autor: Horacio
ISBN: 9788417388645
Edición: 1ª Xullo 2021
Páxinas: 136
Dimensións: 140 × 220 cm

15,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Podemos defi nir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de infl uencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como fi nalidade a súa corrección. A tradución ofrécese en prosa, aínda que seguindo a secuenciación dos versos orixinais, e cada sátira vai precedida dun pequeno resumo elaborado pola propia tradutora. Quinto Horacio Flaco naceu o ano 65 a.n.e. en Venusia, hoxe Venosa, no sur de Italia. As expectativas profesionais de Horacio non eran excesivamente promisorias, xa que naceu no seo dunha familia campesiña de modesto pasar. Porén, o pai empeñouse en que o fi llo fose estudar á Urbe, decisión que determinou a folla de ruta existencial do rapaz. Imitando os mozos que en Roma adquirían unha educación sólida, ao facer os vinte anos Horacio viaxou a Grecia, onde se instalou coa intención de aprender a lingua, os costumes e as disciplinas académicas propias da nación que inspirou o desenvolvemento definitivo da cultura romana. Provisto dunha rica bagaxe intelectual, o mozo retornou a Roma. Os recursos económicos de que dispuña permitíronlle a dedicación exclusiva á súa gran paixón: a poesía. Nos seus textos revisten singular importancia as correntes fi losóficas estoicas e epicúreas dentro do pensamentohoraciano. Asemade, o vate inclúe dentro das súas creacións refl exións estritamente persoais, o cal supón unha innovación dende a perspectiva do contido.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Sátiras”