O bosque sofre unha revolución, que a punto está de provocar consecuencias irreparables. Alguén botou a andar un rumor que vai pasando duns animais a outros sen que se comprobe a veracidade. As palabras condicionan de forma sorprendente o comportamento dos animais, ata que finalmente se descobre o verdadeiro motivo de tanta preocupación… As imaxes da ilustradora catalá Laia Domènech, aparentemente sinxelas, de elaboración lenta e pausada, con poucos elementos, teñen un aire melancólico, sutil, sen estridencias.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.