Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero non ten data de caducidade ou data de validade. Este libro é tributario deste recoñecemento e ilumina aspectos fundamentais da dedicación do profesor á lingua galega, á creación literaria e ao estudo da literatura como arte fundamental da nación galega. Para a autora cómpre continuar a honrar a figura de Carvalho porque a súa vida e traxectoria abranguen un século XX á galega do que el foi testemuña e/ou protagonista; porque é artífice directo e perseverante da construción cultural galega dese século; por ser o escritor da súa xeración que máis e mellor contribuíu ao engrandecemento da literatura galega en todos os xéneros e porque a súa obra estritamente de creación literaria (poesía, teatro, narrativa) abondaría, alén da súa inmensa obra científica, para lle consagrar unha atención máis aló do Día das Letras.

Editorial: Editorial Laiovento
Autor: María Pilar García Negro
ISBN: 9788484875192
Edición: 1ª (2021)
Páginas: 216

17,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Ricardo Carvalho Calero non ten data de caducidade ou data de validade. Este libro é tributario deste recoñecemento e ilumina aspectos fundamentais da dedicación do profesor á lingua galega, á creación literaria e ao estudo da literatura como arte fundamental da nación galega. Para a autora cómpre continuar a honrar a figura de Carvalho porque a súa vida e traxectoria abranguen un século XX á galega do que el foi testemuña e/ou protagonista; porque é artífice directo e perseverante da construción cultural galega dese século; por ser o escritor da súa xeración que máis e mellor contribuíu ao engrandecemento da literatura galega en todos os xéneros e porque a súa obra estritamente de creación literaria (poesía, teatro, narrativa) abondaría, alén da súa inmensa obra científica, para lle consagrar unha atención máis aló do Día das Letras.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero”