La imagen con verialID c11911 ya existe en WPLa imagen con verialID c11911 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoPor que as nenas e os nenos? – BiblosClube

Por que as nenas e os nenos?

Por que as nenas e os nenos?

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Francesco Tonucci
ISBN: 9788413430638
Edición: 03/2021
Páxinas: 120
Dimensións: 150 × 215 cm

14,00 

2 dispoñibles

A obra máis xenuína de Francesco Tonucci, un punto de inflexión na traxectoria deste pedagogo de sona internacional arredor dos dereitos e da dignidade da infancia. Trátase dun ensaio imprescindible que bota luz sobre as grandes contradicións do mundo actual ante temas tan importantes como a educación e a infancia. Non é a presentación dun proxecto educativo, explica o autor, senón “un testemuño emocional, persoal e profesional” logo de reflexionar arredor da necesidade de ver as nenas e os nenos como seres con talento que merecen o seu propio espazo na sociedade. “Cada erro dos nenos é unha invención”, sostén o autor. Cando se trabucan están inventando algo, polo que os erros deberían ser un foco de atención na escola, unha fiestra aberta ao seu mundo secreto. Tonucci rexeita a antiga idea sobre que o importante comeza aos seis anos coa aprendizaxe das letras e dos números e insiste en que o relevante está ao principio, nos primeiros anos, por iso é fundamental que se dea unha resposta á altura.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Por que as nenas e os nenos?”