Os Winkle. Máis finos ca un allo

Os Winkle. Máis finos ca un allo

Os Winkle son unha familia extravagante que, cansados de lle pediren landras ao castiñeiro intentando encaixar nesta aburrida sociedade, decidiron arrepoñérselle ao mundo coa súa horta.
“Este son eu, Peter Winkle, fillo, neto e bisneto de moitos Winkle diferentes: Winkle perruqueiros, Winkle panadeiros, Winkle carteiros e até Winkle trapecistas.”
Unhas ilustracións espectaculares introdúcenos nunha historia protagonizada por unha familia nada convencional. Xa desde o propio título intúese que a través da narración en primeira persoa dun dos membros da familia que o libro vén cargado de humor de principio a fin.
Unha especie de Familia Monster pero co mundo vexetal e a súa horta como pano de fondo como nexo común entre todos eles. Podería parecer un libro vegano ou vexetariano… Ou quizais non?
A través de cada un dos membros da familia imos descubrindo os seus gustos e sobre todo costumes moi saudables: consellos e trucos… ao libro non lle falta detalle.
Ata contén receitas! Unha maneira un tanto distinta de gozar a lectura dobremente saudable.

Editorial: Edicions do Cumio
Autor: Iván R.
ISBN: 9788482895680
Edición: 1ª (2022)
Páxinas: 48

16,95 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Os Winkle son unha familia extravagante que, cansados de lle pediren landras ao castiñeiro intentando encaixar nesta aburrida sociedade, decidiron arrepoñérselle ao mundo coa súa horta.
“Este son eu, Peter Winkle, fillo, neto e bisneto de moitos Winkle diferentes: Winkle perruqueiros, Winkle panadeiros, Winkle carteiros e até Winkle trapecistas.”
Unhas ilustracións espectaculares introdúcenos nunha historia protagonizada por unha familia nada convencional. Xa desde o propio título intúese que a través da narración en primeira persoa dun dos membros da familia que o libro vén cargado de humor de principio a fin.
Unha especie de Familia Monster pero co mundo vexetal e a súa horta como pano de fondo como nexo común entre todos eles. Podería parecer un libro vegano ou vexetariano… Ou quizais non?
A través de cada un dos membros da familia imos descubrindo os seus gustos e sobre todo costumes moi saudables: consellos e trucos… ao libro non lle falta detalle.
Ata contén receitas! Unha maneira un tanto distinta de gozar a lectura dobremente saudable.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Os Winkle. Máis finos ca un allo”